Ola!

luns 29 marzo 2010

Estimado/a  Socia/o:

                Dende o vindeiro 13 de marzo, aprovuose pola Xunta Xeral de esta entidade a nova Xunta Directiva, que dirixira esta Asociación os vindeiros anos asi o queremos, para levar a cabo este cometido necesitamos da vosa colaboración ven sexa só coa vosa presenza nos actos que trataremos de desenrolar neste Centro Cultural.

O presidente en nome de todolos que conformamos esta Xunta querevos mostrar o entusiasmo con que esta composición de xente que dirixiran a Asociación trataran de levar a bo fin, actividades acorde coas necesidades da vila en materia cultural, lúdica e participación social, entretanto estamos a preparar un almanaque de actos que faranse nos vindeiros meses na medida das nosas posibilidades nas que nos atopamos trataremos de  que recibades unha circular ca  programación vindeira.

Sin mais como xa dixemos antes, contar coa vosa colaboración e esencial para que isto medre e sexa un referente cultural na vila, como o foi en tempos antigos, que poidamos darlle o impulso necesario para que as actividades culturais e lúdicas chamen a colaboración e participación de todos vos, despedirnos sin mais a darvos aun afectuoso saudo.